Hoxe falamos de música feita con ordenador, e aparellos de DJ.
Por Antonio Rodríguez
Hoxe falamos de música feita con ordenador, e aparellos de DJ.
Novidades tecnolóxicas, o último e o que está a piques de chegar.
En canto a Tecnocine comentamos a película "Piratas de Silicon Valley" na que descubrimos a orixe de empresas rivais coma Microsoft e Apple.
Cesar Alierta, presidente executivo de Telefónica, fixo unhas declaracións nas que defende que se debería cobrar aos buscadores de internet que paguen unha tasa ás operadoras polo uso que fan das súas liñas. A polémica esta servida.
Tamén comentamos varias novas curiosas, coma a da unha empresa de venda on-line de videoxogos que posue a alma de 7000 clientes.
Apple estrea un novo dispositivo, o iPad, e ven rodeado de polémica por causa das súas grandes carencias:
O que si ten o iPad é o respaldo dunha marca coma Apple e un estupendo grupo de expertos en marketing que conseguirán, sen dúbida, que sexa un éxito de vendas.
Tocaba falar de videoxogos, a última xeración de videoconsolas trata de seguir a estela da wii e preséntanos outras ideas para levantarnos do sofá para xogar, a xbox presenta o Proxecto Natal (agora xa bautizado coma Kinect) según o cal o xogador cos seus movementos e sen o uso de ningún mando ou sensor, tan só cun dispositivo colocado a carón do tv, poderá xogar e mesmo utilizar e moverse entre os menús da consola.