Uxio Fernandez

Gravatar: Asocia o teu email a unha imaxe


Por Uxio Fernandez
 
15 octubre,2008

 

Gravatar e un servizo web gratuito que permite asociar unha imaxe a unha conta de correo electrónico. Esa imaxe chamase avatar, de ahí o nome do servizo, e sirve para identificar a unha persoa pola sua imaxe (xa sea unha imaxe real ou unha de dibuxos animados) dentro dun blog ou outro tipo de webs que soporten ese sistema, simplemente empregando o seu email. Este servizo aforra o esforzo de poñer unha imaxe avatar en todos os blogs que escribamos, sen ter que configuralo en cada un de eles.

Para comezar, imos á páxina de Gravatar; e rexistrámonos:

  1. Pulsamos sobre "Log in to, or Sign up for, Gravatar" e seguidamente desplegase un menu donde debemos pulsar "Log in" para entrar nunha conta xa creada ou "Sign Up" para rexistrarse por primeira vez. "Reset your Password" recordache a tua contrasinal se non a lembras. Neste caso, queremos rexistrarnos por primeira vez, asi que lle damos a "Sign Up". [singlepic=6,320,240,,center]
  2. Agora, pidenos o noso correo electrónico. Esta dirección de e-Mail a utilizará Gravatar para mandar un correo de activación da conta. Se non se activara, vostede non podrá utilizar o servizo.
  3. Dirixase ao seu correo, e verá que ten un mail de Gravatar. Dentro do correo verá un "link" (direccion web, normalmente subraiada en azul) que tera que ir se quere activa-la conta do Gravatar.
  4. Na páxina que se abre ao pulsar sobre o enlace de activacion, deberemos introducir os datos que nos piden, que son un "Nickname" que é un nome ou un Alias, e un "Password" que é a contrasinal, para finalizar damoslle a "SignUp".

Con estos catro pasos xa estariamos rexistrados en Gravatar, ahora faltaría subir as imaxes e configurar as contas de correo que queramos que estén vinculadas con este servizo.

  1. De seguido ao darlle a SignUp, aparece unha páxina onde debemos introducir unha imaxe para que o servizo poda ser utilizado correctamente, tamen podemos cambiar ou introducir unha nova conta de correo.
  2. Para introducir unha direccion de correo, damoslle a "Select an email address (below) to modify or 'add a new one'".[singlepic=13,460,340,,center]Abrirase unha páxina onde debemos introducir o correo electrónico. Esta dirección de correo, é a que se lle vinculará ao servizo do Gravatar, asi mesmo cando escribamos nun blog saerá a imaxe, sempre e cando nos pidan por algun lado un correo electrónico, que terá que coincidir co anteriormente introducido.
  3. Para introducir unha imaxe, damoslle a "Whoops, looks like you dont have any images yet! 'Add one by clicking here!'".[singlepic=14,460,340,,center]Abrirase outra páxina onde deberemos elexir a opcion que mais nos conveña, todo dependerá de onde esta situada a imaxe que queramos poñer en Gravatar: Se esta situada no teu disco duro, terás que darlle a primeira opción "My computer's hard drive", se sabes algunha imaxe pola sua direccion de internet (URL), a tua opción é "An image on the internet" e se por casualidad tes conta en Wordpress, podese coller a imaxe que tes subida nese blog dandolle a "Your WordPress.com Avatar". Neste caso vou escoller a primeira das opcions "My computer's hard drive".
  4. Damoslle ao boton de "Examinar", abrese unha ventá onde deberemos buscar a imaxe do noso disco duro, da igual o tamaño da foto, dado que posteriormente podremos cambiarllo. Damoslle a "Next" para pasar ao seguinte paso.[singlepic=15,250,170,,center]
  5. Agora e o momento de poñerlle tamaño a imaxe (1), modificando o cuadrado que aparece no medio da foto, podese agrandar tirando das esquinas e podese mover simplemente deixando o punteiro do rato pulsado enrriba del e movendo para encadrar mellor a imaxe. Cando vexamos que o resultado é o que queriamos (2), damoslle para rematar a "Crop and Finish".[singlepic=16,440,480,,center]
  6. Por último, temos que sinalar se a imaxe ten contido explícito: G (Apto para todo o público), PG (Poses sexys, roupas moi cortas ou algo de violencia, ...), R (Violencia intensa, nudismo ou drogas duras, ...), X (Sexo duro ou violencia extrema, ...).