O futuro das interfaces humanas
Por Antonio Rodríguez
Decimos futuro, aínda que xa casi é o presente. Estamos acostumados a ver dispositivos táctiles nos últimos móbiles (coma o iPhone) e outros dispositivos, pero as interfaces de usuario naturais, ou interfaces multitouch van moito máis alá, e de aquí a moi poucos anos vanse convertir nos dispositivos máis empregados na nosa vida coitá, desterrando o rato e o teclado, para interactuar con todo tipo de aparatos tocando só a pantalla.
Falamos de multi touch, ou multi toque, porque deixamos de ter un só punteiro a ter todolos que queiramos, empregando só os dedos, e incluso interactuar varias persoas o mesmo aparato ó tempo.
Deixamovos un video do noso prototipo de estudio para que vos fagades unha idea do que suporá esta tecnoloxía nas nosas vidas.
Nota: O noso prototipo non está rematado, falta o proxector que emitiría a imaxe sobre a propia mesa, pero podese ver no monitor como funciona.
Para máis información técnica sobre esta tecnoloxía podedes visitar antoniorodriguez.es
- Categorías:
- DIY