Manuel Vilariño

PC´s e portátiles a prezo de ganga para os autónomos galegos


Por Manuel Vilariño
 
16 octubre,2008

 

A consellería de Industria ven de abrir hai apenas uns días a principios de outubro unha liña de axudas para que os autónomos poidamos mercar ordenadores portátiles ou de sobremesa cuns descontos importantes. En concreto, tratase dun desconto dun 45% hasta un máximo de 350 euros na base impoñible da máquina. Ademais do sustancial da rebaixa, o mais interesante e que non hai que andar con papeleos eternos para poder conquerir a axuda, xa que só e necesario a presentación do DNI e unha copia do pagamento do último recibo de autónomos, o demais tramitao a tenda.

A parte negativa poñena duas cousas. A primeira e que non se poden mercar en tódalas tendas de Galicia e só hai 32 tendas na lista  as tendas en que se poden mercar están nesta orde da Xunta, a segunda e que o prazo non é eterno e hai que mercalo antes de mediados de novembro.

Para os mais cómodos, un portátil de 1000 euros custaría pouco mais de 750 euros.

Por certo, dende Industria están a apoiar as iniciativas de software libre e os ordenadores entreganse cunha distro linux e ferramentas de código aberto.