Antonio Rodríguez

Podcast #15: Folding @ Home


Por Antonio Rodríguez
 
11 septiembre,2008

 

Certas tareas informáticas requiren dunha capacidade de proceso inmensa, que non se pode acadar nin tendo presupostos infinitos para invertir en hardware. É por elo que aparece a computación distribuida; empregar os ordenadores de xente de todo o mundo actuando coma unha gran matriz unificada que traballa na mesma tarea.

Especialmente destacamos o proxecto Folding @Home da universidade de Stanford, un proxecto de investigación médica no que calquera persoa pode colaborar con só instalar un programa no seu ordenador, que axudará a realizar as complexísimas simulacións que fan falla para coñecer o funcionamento das proteínas, que poden ser a clave para curar enfermidades como o Alzheimer ou incluso canceres.

Dende aquí animamovos encarecidamente a que participedes no proxecto, xa que é un xesto moi sinxelo e unha causa noble.