Sergio Mella

Podcast #24: Como sacar boas fotografías


Por Sergio Mella
 
19 noviembre,2008

 

Para sacar unas boas fotografías non é necesario ter a mellor cámara do mercado, cunha compacta de polo menos 4 megapixeles (recomendado para revelar fotos a o tamaño habitual) pódense facer unhas fotos igual de boas se un segue estes consellos.

Cando se trata de fotografiar persoas ou grupos de persoas a regla de ouro di que hai que tratar de evitar cortar articulacións, isto supon facer a foto de xeito que corte uns centímetros por ribao ou por abaixo dos xeonllos, cóbados ou pescozo. Tamén é recomendable achegarse aos suxeitos de interese tratando de evitar deixar espazos demasiado grandes entre a cabeza e a parte de arriba, ou aos lados, a non ser que queiramos que saia o de atrás (paisaxe, estatua etc)

Encuadres

Torcendo a cámara 90º podemos cambiar o formato da foto e axustar mellor o que queremos que saia nela.

Nestes dous exemplos vemos a mesma foto con dous encuadres, un dende máis preto que sería o aconsellado.

Bo encuadre Mal encuadre

Cando saquemos fotos dende moi cerca hai que ter coidado de non pegar demasiado a cámara, por exemplo, a cara do suxeito xa que as cámaras compactas tenden a utilizar gran angular e isto provoca aberracións que son deformacións das caras co efecto "ollo de pez" provocadas polos lentes da cámara.

Se as fotos son de paisaxes é aconsellable tratar de evitar fotos "postal" porque dese tipo de fotos xa temos unha chea delas en internet, se podemos introducir "suxeitos de interese" como algún coñecido que se vexa por aí polo fondo coma en segundo plano. Tamén se queremos fotografiar un amencer ou un solpor encadrar a imaxe dandolle máis importancia o ceo deixando o horizonte baixo ou ben se queremos fotografiar unhas montañas deixaremos o horizonte máis alto pero tratando de que saia sempre o horizonte na imaxe.

Horizonte alto Horizonte bajo

Ademáis disto tamén e bo tratar de sacar as fotos co sol ou fontes de luz nas costas ou ben nun lateral se queremos conseguir sombras e certos efectos isto non é estricto xa que tamén se poden sacar fotos en "contraluz" cas que podemos conseguir moi bos resultados.

As cámaras compactas polo xeral teñen configurado o flash automático por defecto, se o desactivamos e facemos as fotos en ambientes pouco iluminados a cámara automaticamente amplía a velocidade de obturación polo que e moito máis difícil evitar que a fotografía saia movida, polo que cando se sacan as fotos sen o flash é bo usar un trípode ou be apoiar a cámara sobre una mesa.

Sacando as fotos sen flash conseguimos que quede rexistrada a iluminación real que hai nese momento polo que se consiguen imaxes máis cálidas.

Na seguinte foto vemos un exemplo disto, foi unha foto sacada sen flash, de noite cunha cámara compacta, de deixar o flash activado a foto non sairía, xa que o flash non teria a forza lumínica suficiente para iluminar todo o paisaxe ademáis a velocidade de obturacion sería tan baixa que non seria capaz de capturar a luz das farolas polo que quedaría unha foto escura.

Puente Veccio

E con isto rematamos, tamén falamos no podcast da profundidade de campo, cunha cámara compacta non temos un control tan directo sobre ela coma cas reflex pero indirectamente podemos xogar con ela utilizando o zoom da cámara se o tivera, ollo, evitando usar o zoom dixital, so zoom óptico, para conseguir fotografíar un suxeito e que os fondos quede desenfocados.