Uxio Fernandez

Podcast #29: Agasallos de Nadal, Segunda parte


Por Uxio Fernandez
 
18 diciembre,2008

 

Neste programa presentamos diferentes alternativas á consola de turno para facerlle o agasallo de reis aos pequenos da casa.

Presentamos Swinxs unha especie de consola ca que os nenos practican xogos tradicionais coma o escondite, a pillada etc, para máis información entrade aquí.

Outra opción para as nenas é o Centro de Beleza Dixital, que se conecta a un televisor e co que a nena pode probar como lle quedarían diferentes estilos.

Se queremos que se inicien na fotografía temos as diferentes cámaras dixitais para nenos, algunhas delas decoradas cos seus personaxes de debuxos favoritos, mesmo unha cámara espía.

E por último os diferentes robots coma Spykee que conta con wiki, videovixilancia e unha chea de prestacións, Tekno o canciño que pode servir cando un cativo se encapricha dun can ou Lego Mindstorms que son diferentes dispositivos para adaptar nos xoguetes de lego e convertilos en robots contan con sensores de movemento, son, luz e que brindan infindas posibilidades de ampliación e complexidade de dos que se poden atopar moitos traballos en youtube.

Agasallo