Sergio Mella

Podcast #30: Eu .gal


Por Sergio Mella
 
08 enero,2009

 

Hoxe debatimos sobre  viabilidade de ter un dominio que identifique á comunidade lingüística e cultural galega e que a asociación Puntogal esta loitando por acadar, este dominio sería o .gal un dominio esponsorizado e que ser refire a usuarios da rede con estreitos vínculos que lles permiten definirse coma comunidade. Para saber máis e apoiar esta proposta entrade na web:

http://www.puntogal.org

Por outra banda, Vilariño deu a coñecer o servizo www.localizatodo.com que permite aos internautas coñecer que avións sobrevoan o espazo aéreo nacional, así coma que barcos se atopan fondeados nos nosos portos, sen dúbida moi interesante.