Antonio Rodríguez

Podcast #33: Mantemento do PC


Por Antonio Rodríguez
 
06 febrero,2009

 

Neste programa demos algúns consellos de mantemento para o noso pc, para evitar ter que formatear o sistema cada vez que vexamos que perde fluidez.

Para optimizar o noso pc, e que funcione ben dende o principio compre partir dunha boa base, e dicir, nada máis instalar o sistema operativo  (S.O.) e controladores dos dispositivos (drivers) e actualizar o sistema, se o pc acabamos de mercalo e ya trae o S.O. instalado normalmente tamén trae unha serie de aplicacións que na maioria dos casos non se utilizan polo que o mellor, e antes de facer nada, deberíamos desinstalar aquelas que non nos interesan (en windows XP faríamolo desde o Panel de Control e Agregar ou quitar programas, en Windows Vista iríamos a Panel de Control e Programas e Características) sempre tendo coidado co que desinstalamos e estando seguros de que aplicación desinstalamos.

Despois de facer isto deberíamos limpar o disco duro, para iso, en Windows Xp ou Vista, imos a Mi Pc ou Equipo e sobre a unidade de disco C pinchamos o boton deito do rato e seleccionamos propiedades e Liberar espacio, levaralle un momento realizar os cálculos e posteriormente na ventá que nos abre marcamos os cadros que nos interesen (ollo non XP non marcar "Comprimir arquivos"), e na pestaña "Mas Opciones" facemos clic en liberar en  "Restaurar sistema e instantáneas".

Limpiar disco

O seguinte sería defragmentar o disco duro, unha operación que é recomendable facer de xeito periódico (xunto con limpar disco), para isto voltamos a facer clic sobre a unidade de disco co boton dereito e imos á pestaña "ferramentas" aí seleccionamos defragmentar disco.

Existen outros defragmentadores de disco que dan mellores resultados por exemplo PerfectDisk.

Outra ameaza para o noso pc son os virus, no caso de que non queiramos instalar un antivirus podemos acceder á web www.alerta-antivirus.es onde podemos analizar posibles virus no noso pc a través dun antivirus on line, para isto, nesa web accedemos á seccion "Útiles Gratuitos" aí atopamos diferentes ferramentas para protexer o noso pc.

Despois disto debemos ter coidado instalando aplicacións tratando de evitar de ter demasiadas cando realmente non as utilicemos, ou mesmo instalalas so cando as necesitamos e desistalalas inmediatamente. Isto favorece a fragmentación do disco polo que, como xa dixemos, é bo tratar de desfragmentalo de xeito periódico.