Sergio Mella

Podcast #38: Series online


Por Sergio Mella
 
12 marzo,2009

 

Hoxe falamos de series online, series que saen en exclusiva para a súa emisión por internet, deixamos un para de enlaces por se vos interesa algunha:

  • Calico Electrónico: Conta as andancias dun peculiar superheroe e os seus amigos. Serie de animación xa veterana, na web podedes atopar os episodios vellos e é aconsellable velos dende o principio para ir coñecendo aos personaxes.
  • Malviviendo: "El Negro" é o protagonista e el mesmo nos conta as historias que suceden no barrio no que traballa como "gorrilla" ou aparca coches. Feita por un grupo de mozos que remataron os seus estudos e que, atopandose sen traballo, decidiron crear a súa propia serie.
  • Pendiente de Título: A serie ten título, que está pendiente de telo son os seus protagonistas, un grupo de estudiantes. Detrás dela tamén atopamos uns mozos que o rematados os seus estudos dan un paso mais que limitarse a facer curtametraxes.
  • Con pelos en la lengua: Tres miniseries centradas en tres personaxes que nos narran as súas experiencias e problemas persoais co sexo e as relacións de parella.
  • Tu antes molabas: Antonio Castelo, antigo compoñente de "Caiga Quien Caiga" protagoniza esta serie na que nos conta a modo de comedia a súa vida despois de traballar coma actor en programas de éxito.
  • Deseo Descarnado: Primeiro culebrón online, bueno, realmente é unha parodia dos típicos culebróns sudamericanos.
  • Calabozos: Esta serie transcorre nos calabozos dunha comisaría nada convencional, humor absurdo e personaxes do máis variopinto.
  • Confesiones de Baño: Sumérxete nun mundo de celos, amor, envexa, mentiras, infidelidades todo nun cuarto de baño que pode ser dun hotel, dunha estación, dun ximnasio etc...
  • Sin contar al elefante: Comedia romántica onde se dan a coñecer os feitos ocorridos durante os derradeiros días na cidade de Diego, un prometedor debuxante de comics que marcha para os Estados Unidos.
  • Apples: Sete mozas, dous pisos e moitos problemas así se define a autoproclamada primeira serie lesbica de España.
  • Lo que Surja: Disparatada comedia surrealista de temática "gay" e feita por "gays".
  • Canal Friki: Aventuras e desventuras dun grupo de rapaces "especiais" nunha tenda de comics, moi ao estilo de Clerks (Kevin Smith, 1994).
  • 32 Metros: Relacións de parella en espazos reducidos, serie de humor.
  • Zitunlog: Serie a cabalo entre serie online e video blog, feita por catro mozos sen moito presuposto nin experiencia pero que pode facernos pasar un rato agradable.

O que non fun capaz de atopar é unha serie online galega, non debe haber, pero seguirei buscando.