Sergio Mella

Podcast #46: Astronomía


Por Sergio Mella
 
18 junio,2009

 

O 2009 e o Ano Internacional da Astronomía, diferentes asociacións estan a organizar actividades para que a xente se interese un pouco máis polo tema. Para os usuarios que comezan e tamén para os expertos hoxe ofrecemos varias aplicacións gratuítas que permiten ver o ceo desde o pc ou mesmo desde o teléfono móvil, entendemos que estas aplicacións son para o seu uso coma referencia, coma axuda no visionado para aprender e coñecer qué e o que se está a observar, distiguir constelacións, localizar planetas ...

Recomendamos as seguintes aplicacións:

Google Earth: Como non podería ser doutra maneira, Google implementou nesta aplicación a posibilidade de ver as estrelas e constelacións e todo con unha chea de datos enlacados, fotografías e información dos astros.

Celestia: Un pouco máis sinxelo que o Eath, no que ata se poden atopar as naves e satélites artificiais, permite a inclusión de diferentes "add-on" que te levan de viaxe polo cosmos, podes descargalos en Proyecto Celestia

Stellarium: Completo planetario virtual que nos permite saber que é o que podemos ver nun determinado momento desde unha determinada posición que introducimos previamente. Podemos seleccionar cada obxecto para obter información del. Moi útil coma referencia nos visionados.

Para teléfonos móviles:

Microsky: Aplicación para móviles que soporte Java, serve como referencia é coma levar un completo planetario no peto.

Star Walk (enlace para usuarios de ITunes): Aplicación para IPhone, de tódalas comentadas é a única de pago, pero por pouco diñeiro (3,99 €) podes ter no teu Iphone , Ipod Touch un completo planetario, moi doado de utilizar e que amosa, coma o Stellarium, que é o que podemos ver nun determinado momento desde unha determinada posición que introducimos previamente.

Ademáis é un produto oficial do IYA 2009, sen dúbida moi recomendable tanto para quen se está a iniciar na observación astronómica. Unha pena que so  estea dispoñible para Iphone, para velo funcionar podedes entrar aquí.