Sergio Mella

Podcast #53: DNI electrónico


Por Sergio Mella
 
23 octubre,2009

 

Cada día vai aumentando máis o número de posuidores do DNI electrónico, que agora trae un pequeno chip no que van almacenados datos tales coma:

  • Un certificado electrónico para autenticar ao usuario.
  • Un certificado electrónico para firmar electrónicamente, coa mesma validez xurídica que a sinatura manuscrita.
  • Certificado da Autoridade de Certificación emisora.
  • Claves.
  • Pegada dactilar.
  • A nosa fotografía
  • A nosa sinatura manuscrita pero en formato digital.
  • Datos do usuario, (nome, enderezo, etc...)

Todos estos datos atópanse cifrados con clave pública-privada, de xeito que é un sistema moi seguro.

A principal característica do DNI-e é que nos permite identificarnos de xeito seguro ante unha máquina co que poderemos acceder a diferentes servizos que se irán incrementando co paso do tempo, algúns deles poden ser:

  • Compras asinadas a través de Internet.
  • Trámites coas administracións públicas sen ter que desprazarnos e a calquera hora.
  • Acceso á banca on-line de xeito seguro.
  • Acceder ao noso pc de xeito seguro.

Para poder acceder a moitos destes servizos necesitaremos un lector de DNI electrónico, actualmente rondan os 15 ou 20 € pero co tempo irán baixando o prezo.

DNIe