Sergio Mella

Podcast #54: QR Code


Por Sergio Mella
 
30 octubre,2009

 

Podemos dicir que o código QR é coma un código de barras bidimensional, trátase dunha matriz de puntos caracterizada polos 3 cadros grandes das súas esquinas, estes serven para que o lector saiba a orientación do código a ler.

QR deriva de "Quick Response" (resposta rápida), xa que a idea destes códigos e que se lean de xeito rápido, son especialmente útiles para a inserción rapida e efectiva de datos nun teléfono móbil, como poden ser: enderezos web, mensaxes de texto, números de teléfono ...

En Xapón, onde naceron, utilízanse de xeito habitual desde fai anos e inda que orixinariamente utilizábanse na industria automobilística para etiquetar repostos extenderon o seu uso ao consumidor habitual.

QR Code Exemplo

Hai diversas aplicacións móbiles que permiten ler os qr codes, é imprescindible que o noso teléfono conte con cámara de fotos,

Enlaces de interese:

Código QR en Wikipedia

Xerador on-line de QR codes Kaywa

Lector de QR codes Kaywa

Quick Mark, lector compatible con IPhone, hai moitos máis, basta con buscar "qr" no AppStore.