Podcast #56: Google Streetview pasou por Lalín
Por Sergio Mella
Moi recentemente Google StreetView engadiu as imaxe das estradas N-525 ao seu paso polos municipios de A Estrada, Silleda e Lalín, así coma do tramo da AP-53 entre Silleda e Lalín, e da N-640 hacia Agolada. E comentamos as bondades deste sistema que permite ver as cidades a pe de rúa.
Para mostra, un botón:
Tamén comentamos as ventaxas do uso de Spotify para os amantes da música. Esta aplicación permitenos escoitar calquera cancion por streaming e de xeito gratuíto inserta cuñas publicitarias entre canción e canción, por suposto, se queremos evitar esta publicidade ofrécennos un acceso de pago "premium", que son 9,99 € ao mes ou ben un acceso durante 24 horas por so 0,99 €.
Tamén acábase de lanzar a versión beta de Voddler, un sistema similar ao Spotify, pero aqui non son cancións o que accedemos de xeito gratuíto se non películas, que veremos tamén por streaming e, loxicamente, teremos que tragar algo de publicidade. A seguinte imaxe é unha captura de pantalla da aplicación, por agora o acceso á mesma é por invitación.
Estas dúas ferramentas dannos acceso a contidos baixo demanda e en pouco tempo pode que se fagan imprescindibles, xa non necesitaremos o emule...
No tocante a Aplicacións Móbeis suxerimos a idea de instalar nos móviles con acelerómetros unha aplicación que os convirte en "niveis" que nos axudarán a cousas coma colocar un cadro ben dereito ou saber a inclinación do chan onde imos colocar una tenda de campaña.
- Categorías:
- Podcasting