Podcast #62: Nexus One
Por Sergio Mella
Abrimos o programa cunha introducción na que falamos da declaración de Guerra á Sgae levada a cabo por un avogado e que xa conta con moitos seguidores. de feito o grupo creado en Facebook ten xa máis 20.000 membros. O motivo desta declaración de guerra ven do intento da Sgae de que entre en vigor a polémica Lei de Economía Sostible.
Demos a coñecer o teléfono móbil co que o xigante Google se quere enfrontar ao, xa establecido, IPhone de Apple, o Nexus One.
Este dispositivo leva instalado o Android, sistema operativo creado tamén por Google, e que xa leva tempo a verse en diferentes dispositivos portátiles. Ademáis tamén contará con cámara de 5 megapíxeles con flash incorporado, GPS, brúxula e total conectividade, 3G (no audio decimos por erro que non ten 3G), Bluetooth, Wifi. Todo nun dispositivo cun deseños sobrio, semellante ao Iphone, cunha pantalla lixeiramente máis grande e de maior resolución 800x480 (fronte 320x480 do IPhone).
Ademáis este teléfono conta cun procesador, un Snapdragon a 1 GHz, que lle aporta unha potencia gráfica superior á do IPhone.
Non o poidemos probar pero todo apunta a que se convirta no Gadget do ano, os da mazá inda que xa contan cun dispositivo totalmente introducido no mercado, han ter que se poñer as pilas que queren manter o seu nivel de vendas.
Como aperitivo, deixo un simpático vídeo de presentacion do "desempaquetado" do Nexus One:
- Categorías:
- Podcasting