¿Que é un podcast?

 

Podcast refírese á publicación e distribución de arquivos de son (xeralmente en formato mp3) a través dunha web que, co un sistema de sindicación, permita a suscrición e facilite a descarga destes arquivos para as súa reproducción directa dende internet (streaming) ou en reproductores de audio portátiles.

Índa que moitos cren que o podcast debe o seu nome aos famosos iPod de Apple o certo é que se trata dun termo anterior o nacemento destes reproductores pese a que non se coñece con certeza a orixe do termo.

Podemos dicir que un podcast é coma un programa de radio no que o ointe decide cando e que quere oir, coma se se tratase de radio "á carta".

Neste blog pódese acceder ao noso podcast a traves do enderezo http://www.tecnivoros.com/podcast-tecnivoros no que poderedes escoitar "en diferido" a sección de novas tecnoloxías que temos cada xoves a iso das 11:10 horas en RadioLalín e que deu lugar ao nacemento deste podcast e, como non, deste blog.

Hai varios programas que permiten suscribirse e escoitar os podcasts de xeito cómodo, pero explicaremos como suscribirse ao noso co iTunes xa que consideramos que é o máis utilizado.

Trátase dunha tarefa moi sinxela. Comezamos por executar o iTunes

podcast

Facemos clic en Avanzado/Suscribirse a un podcast... e pegamos o enderezo do podcast que ao que nos queremos suscribir, neste caso http://www.tecnivoros.com/feed/podcast

podcast

Dámoslle a OK e listo, xa estamos suscritos, no iTunes sairá o podcast na lista, podemos despregar para ver os "episodios" do noso podcast e pulsamos "obtener" para descargalos. Se queremos descargalos ao noso iPod para escoitalos máis tarde o proceso é o mesmo que para descargar calquera canción.

Lista de podcast

Ademáis desde a lista teremos un enlace á web (neste caso a de tecnivoros.com) e tamen poderemos ler o texto que conteña o post (facendo clic na i).

Para máis información podese escoitar o Podcast #2 onde falamos do fenomeno do Podcasting, tamén na wikipedia hai unha ampla explicación do tema.