Sergio Mella

Aplicacións Móbeis - O firmamento metido no peto


Por Sergio Mella
 
22 octubre,2009

 

Estamos no Ano Internacional da Astronomía, e como xa falamos nun podcast, existen diversas aplicacións que fan do noso pc ou mac un planetario virtual, pero cando saímos pola noite a ver as estrelas non sempre temos un portátil a man polo que unha aplicación que faga o mesmo pero no noso móbil permítenos orientarnos perfectamente no ceo, ubicar as estrelas e coñecer as súas características con total liberdade de movementos.

Existen diferentes aplicacións que fan que o noso teléfono móbil se convirta nun completo planetario.

Unha de elas é, o xa comentado,Star Walk, que se trata dun producto oficial IYA2009 pero que só está dispoñible para o Iphone. Trátase dun completo planetario no que poderemos coñecer as características e ubicación das estrelas de xeito doado. Tamén permite ver como se van desprazando no ceo co paso do tempo, sen dúbida indispensable para os amantes da astronomía que conten co teléfono de Apple.

Para os usuarios de móbiles Android a poción é SkyMap, que se pode descargar directamente co móbil a través do Android Market.

E por último se o teu móbil é symbian poderás instalar o MicroSky, unha aplicación máis sinxela cas anteriores pero que, coma todas, permite identificar correctamente as estrelas, constelacións e planetas que se atopan no firmamento, o unico que se necesita é unha noite sen nubes e un lugar con pouca contaminación lumínica.

MicroSky