• Sergio Mella

    Por Sergio Mella
     
    29 enero,2010

    A empresa Haier, de China, presentou no CES2010 un televisor que recibe a enerxía eléctrica a través dun emisor de ondas, e dicir, este televisor é totalmente inalámbrico. Este tv utiliza unha tecnoloxía desenvolvida no prestixioso MIT (Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts) que se chama Witricity e que non tardaremos en ver nos nosos fogares.

    Deste novo avance fixémonos eco no programa de hoxe onde tamén lembramos a Nicola Tesla, un visionario que, case cen anos atrás, xa investigara sobre a emisión inalámbrica de enerxía eléctrica.

    E rematamos falando da presentación do decepcionante I-Pad de Apple.


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Sergio Mella

    Por Sergio Mella
     
    22 enero,2010

    Abrimos o programa cunha introducción na que falamos da  declaración de Guerra á Sgae levada a cabo por un avogado e que xa conta con moitos seguidores.  de feito o grupo creado en Facebook ten xa máis 20.000 membros. O motivo desta declaración de guerra ven do intento da Sgae de que entre en vigor a polémica Lei de Economía Sostible.

    Demos a coñecer o teléfono móbil co que o xigante Google se quere enfrontar ao, xa establecido, IPhone de Apple, o Nexus One.

    Este dispositivo leva instalado o Android, sistema operativo creado tamén por Google, e que xa leva tempo a verse en diferentes dispositivos portátiles. Ademáis tamén contará con cámara de 5 megapíxeles con flash incorporado, GPS, brúxula e total conectividade, 3G (no audio decimos por erro que non ten 3G), Bluetooth, Wifi. Todo nun dispositivo cun deseños sobrio, semellante ao Iphone, cunha pantalla lixeiramente máis grande e de maior resolución 800x480 (fronte 320x480 do IPhone).

    Ademáis este teléfono conta cun procesador, un Snapdragon a 1 GHz, que lle aporta unha potencia gráfica superior á do IPhone.

    Non o poidemos probar pero todo apunta a que se convirta no Gadget do ano, os da mazá inda que xa contan cun dispositivo totalmente introducido no mercado, han ter que se poñer as pilas que queren manter o seu nivel de vendas.

    Como aperitivo, deixo un simpático vídeo de presentacion do "desempaquetado" do Nexus One:


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Antonio Rodríguez

    Por Antonio Rodríguez
     
    15 enero,2010

    Presentamos a aplicación on-line, Photoshop.com permítenos almacenar e editar as nosas fotografías, existen outras webs onde podemos atopar aplicacións semellantes coma Pixlr.

    Outro exemplo máis de aplicacións "na nube", moi pronto non necesitaremos ter nin un sistema operativo instalado, so unha conexión de banda ancha.

    Ademais Photoshop.com tamén ofrece unha aplicación móbil, máis limitada pero totalmente gratuíta.


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Sergio Mella

    Por Sergio Mella
     
    18 diciembre,2009

    Ca chegada do nadal a xente busca agasallos orixinais e nos damos algunhas ideas. Partimos de dous posibles agasallos estrela deste nadal un as cafeteiras Nespresso e outros os lectores de E-Books (Kindle, Papyre, outros...) pero hai diferentes tendas on-line onde atopar pequenos regalos orixinais e divertidos:

    Yo quiero uno de esos

    Think Geek

    Coolest Gadgets

    Yanko Design

    Tegu

    Supermagnete (imanes)


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Sergio Mella

    Por Sergio Mella
     
    12 diciembre,2009

    Actualmente estamos tendendo a dixitalizar toda a información: libros, periódicos, fotografías vídeo etc, nun futuro poida que toda a información sexa dixital, ou polo menos a información nova, sen soporte físico en papel. No programa debatimos un pouco sobre os problemas que poden derivar de esta tendencia.


    Clasificado baixo: Podcasting