• Sergio Mella

    Por Sergio Mella
     
    23 abril,2009

    Hoxe lembramos algunhas técnicas para mellorar as buscas en Google e, por extensión, en calquera buscador de internet. Tamén comentamos algunhas procuras curiosas aparecidas nos nosos blog.


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Antonio Rodríguez

    Por Antonio Rodríguez
     
    02 abril,2009

    No noso podcast número 40 falamos da nosa asistencia XGN que este ano está de 10º Aniversario. Comentamos que é o que se pode atopar un se esta fin de semana se achega ó Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela.

    XGN 2009

    Máis información en www.xuventudegalicia.net.


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Antonio Rodríguez

    Por Antonio Rodríguez
     
    26 marzo,2009

    No programa de hoxe explicamos os coidados da batería (ollo non coma as da foto...) que se poden resumir nos seguintes, aviso, estes consellos son para baterías de Ión-Litio:

    • Cando se compra un novo gadget deberase cargar a batería ata o 100%
    • Non é necesario realizar ciclos de carga e descarga para darlle un rodaxe inicial á batería pero non deixa de ser recomendable.
    • Inda que as baterías de Ión-Litio levan un circuito que corta o paso da enerxía unha vez completaron a carga se se trata dun portatil pode ser recomendable extraela mentres traballamos con el enchufado xa que a calor que produce o pc pode restarlle eficiencia e mesmo danar a batería.
    • Alonxar as baterías da calor e evitar deixar os teléfonos, reproductores de mp3 etc no coche se este queda ao sol.
    • Produrar que as conexións metálicas da batería se manteñan limpas.
    • Se imos almacenar á batería ou a deixar de traballar co aparello durante un tempo deberemos cargala ao 100% ao contrario do que faríamos se se tratara dunha batería de Niquel-Cadmio.

    Tamén comentamos a chegada de baterías de combustible e cargadores solares integrados nos dipostivos.


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Sergio Mella

    Por Sergio Mella
     
    12 marzo,2009

    Hoxe falamos de series online, series que saen en exclusiva para a súa emisión por internet, deixamos un para de enlaces por se vos interesa algunha:

    • Calico Electrónico: Conta as andancias dun peculiar superheroe e os seus amigos. Serie de animación xa veterana, na web podedes atopar os episodios vellos e é aconsellable velos dende o principio para ir coñecendo aos personaxes.
    • Malviviendo: "El Negro" é o protagonista e el mesmo nos conta as historias que suceden no barrio no que traballa como "gorrilla" ou aparca coches. Feita por un grupo de mozos que remataron os seus estudos e que, atopandose sen traballo, decidiron crear a súa propia serie.
    • Pendiente de Título: A serie ten título, que está pendiente de telo son os seus protagonistas, un grupo de estudiantes. Detrás dela tamén atopamos uns mozos que o rematados os seus estudos dan un paso mais que limitarse a facer curtametraxes.
    • Con pelos en la lengua: Tres miniseries centradas en tres personaxes que nos narran as súas experiencias e problemas persoais co sexo e as relacións de parella.
    • Tu antes molabas: Antonio Castelo, antigo compoñente de "Caiga Quien Caiga" protagoniza esta serie na que nos conta a modo de comedia a súa vida despois de traballar coma actor en programas de éxito.
    • Deseo Descarnado: Primeiro culebrón online, bueno, realmente é unha parodia dos típicos culebróns sudamericanos.
    • Calabozos: Esta serie transcorre nos calabozos dunha comisaría nada convencional, humor absurdo e personaxes do máis variopinto.
    • Confesiones de Baño: Sumérxete nun mundo de celos, amor, envexa, mentiras, infidelidades todo nun cuarto de baño que pode ser dun hotel, dunha estación, dun ximnasio etc...
    • Sin contar al elefante: Comedia romántica onde se dan a coñecer os feitos ocorridos durante os derradeiros días na cidade de Diego, un prometedor debuxante de comics que marcha para os Estados Unidos.
    • Apples: Sete mozas, dous pisos e moitos problemas así se define a autoproclamada primeira serie lesbica de España.
    • Lo que Surja: Disparatada comedia surrealista de temática "gay" e feita por "gays".
    • Canal Friki: Aventuras e desventuras dun grupo de rapaces "especiais" nunha tenda de comics, moi ao estilo de Clerks (Kevin Smith, 1994).
    • 32 Metros: Relacións de parella en espazos reducidos, serie de humor.
    • Zitunlog: Serie a cabalo entre serie online e video blog, feita por catro mozos sen moito presuposto nin experiencia pero que pode facernos pasar un rato agradable.

    O que non fun capaz de atopar é unha serie online galega, non debe haber, pero seguirei buscando.


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Manuel Vilariño

    Por Manuel Vilariño
     
    05 marzo,2009

    Hoxe falamos dos dereitos de imaxe en internet, especialmente en redes sociais.  Do programa podemos deducir tres cousas

    • Os menores de idade so poden saír na fotografía con permiso explicito dos seus pais.
    • Permítense todas as fotografías sacadas na vía ou lugares públicos, exceptuando aos menores.
    • As fotografías sacadas en lugares privados debense publicar sempre co consentimento dos protagonistas.

    Inda así todo isto ten os seus matices e o mellor é que ante a dúbida non publiquemos a fotografía.

    Para máis dúbidas o mellor e visitar webs coma a da Asociación de Internautas. Deixamos algúns enlaces de interese:


    Clasificado baixo: Podcasting