• Sergio Mella

    Por Sergio Mella
     
    18 junio,2009

    O 2009 e o Ano Internacional da Astronomía, diferentes asociacións estan a organizar actividades para que a xente se interese un pouco máis polo tema. Para os usuarios que comezan e tamén para os expertos hoxe ofrecemos varias aplicacións gratuítas que permiten ver o ceo desde o pc ou mesmo desde o teléfono móvil, entendemos que estas aplicacións son para o seu uso coma referencia, coma axuda no visionado para aprender e coñecer qué e o que se está a observar, distiguir constelacións, localizar planetas ...

    Recomendamos as seguintes aplicacións:

    Google Earth: Como non podería ser doutra maneira, Google implementou nesta aplicación a posibilidade de ver as estrelas e constelacións e todo con unha chea de datos enlacados, fotografías e información dos astros.

    Celestia: Un pouco máis sinxelo que o Eath, no que ata se poden atopar as naves e satélites artificiais, permite a inclusión de diferentes "add-on" que te levan de viaxe polo cosmos, podes descargalos en Proyecto Celestia

    Stellarium: Completo planetario virtual que nos permite saber que é o que podemos ver nun determinado momento desde unha determinada posición que introducimos previamente. Podemos seleccionar cada obxecto para obter información del. Moi útil coma referencia nos visionados.

    Para teléfonos móviles:

    Microsky: Aplicación para móviles que soporte Java, serve como referencia é coma levar un completo planetario no peto.

    Star Walk (enlace para usuarios de ITunes): Aplicación para IPhone, de tódalas comentadas é a única de pago, pero por pouco diñeiro (3,99 €) podes ter no teu Iphone , Ipod Touch un completo planetario, moi doado de utilizar e que amosa, coma o Stellarium, que é o que podemos ver nun determinado momento desde unha determinada posición que introducimos previamente.

    Ademáis é un produto oficial do IYA 2009, sen dúbida moi recomendable tanto para quen se está a iniciar na observación astronómica. Unha pena que so  estea dispoñible para Iphone, para velo funcionar podedes entrar aquí.


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Sergio Mella

    Por Sergio Mella
     
    11 junio,2009

    Coincidindo co inicio da Feira do Libro de Lalín falamos dos Libros Electrónicos, comentamos a polémica causada na Feira de Madrid onde non se permitía aos expositores ofrecer este tipo de libros e enumeramos algúns modelos de lector de libros electrónicos aos que inda consideramos que teñen prezos elevados.

    Coñece que é a tinta electrónica aquí.

    Nestes enlaces poderas atopar: o novo Kindle de Amazon, o Papyre, e o IRex


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Antonio Rodríguez

    Por Antonio Rodríguez
     
    21 mayo,2009

    Aproveitando a recente denuncia por parte das discográficas a Pablo Soto, creador español de programas P2P como Manolito, Piolet ou Blubster, retomamos o debate das descargas en Internet, e o empeño por parte de discográficas, SGAE, e outros organismos en demonizar esté tipo de tecnoloxías, protocolos de comunicación totalmente lícitos e necesarios na rede de hoxe, en prol dos seus propios intereses.

    Aquí deixamos un enlace á unha breve participación nun artigo do Faro de Vigo sobre o tema en cuestión.

    Outras webs de interese:

    www.todoscontraelcanon.es

    www.filmica.com/david_bravo


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Antonio Rodríguez

    Por Antonio Rodríguez
     
    07 mayo,2009

    Co paso do tempo os dipositivos móbiles, xa sexan teléfonos, pdas etc foron aumentando a súa complexidade e prestacións unha complexidade de harware conleva un complexidade de sofware co que estes dispositivos xa contan con auténticos sistemas operativos. Estes sistemas están pensados e optimizados para o seu correcto funcionamento en dispositivos cunha memoria e capacidade de proceso limitada, actualmente existen diferentes ofertas no mercado, a última delas o Android un S.O. ideado por Google, del e doutros coma o Symbian falamos no noso programa de hoxe.


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Sergio Mella

    Por Sergio Mella
     
    30 abril,2009

    Queremos dar a coñecer unha nova forma de facer fotografías que deron en chamar lomografía. Este concepto nace das cámaras Lomo Kompakt fabricadas no 1982 para o pobo soviético pola Unión de Ópticos e Mecánicos de Leningrado (Leningrádskoje Optiko Mechanitschéskoje Objedinénie).

    Uns estudantes decidiron mercar un par de cámaras Lomo cas que se adicaron sacar fotos sen pensar, nin usar o visor. Ao revelar os carretes descubriron que polas características das propias cámaras e polo xeito de tomar as fotos o resultado eran unhas fotos en moitos casos desenfocadas pero moi luminosas e saturadas e en todo caso moi frescas polo que decidiron montar un negocio e unha nova filosofía fotográfica, naceu a Lomografía.

    Lomografía

    Co tempo esta filosofía foise expandindo polo mundo e fundáronse sociedades lomográficas en diferentes países, se estás interesado en saber máis, ou adquirir una cámara lomo aquí tes algúns elaces de interese:

    A Lomografía na Wikipedia

    Tenda on-line da Sociedade Lomográfica

    Sociedade Lomográfica Española


    Clasificado baixo: Podcasting