• Sergio Mella

    Por Sergio Mella
     
    26 enero,2009

    Cando non botan nada interesante que ver na caixa tonta non é mala idea botar man de internet coma fonte de entretemento. Cada vez son máis os canales de tv que colgan os seus programas na rede, ademáis de novas paxinas que van saindo con contidos audiovisuais sendo un bo exemplo disto www.flocos.tv, unha web na que poderemos atopar estupendas curtametraxes made in galicia.

    Aquí temos o canal de youtube de Cuatro ou por exemplo TVE á carta.

    Por certo que o programa da semana anterior non o puidemos colgar por problemas técnicos, nel discutíamos sobre o futuro do blue ray como soporte de vídeo e de se será pronto substituído polas descarga directas.


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Sergio Mella

    Por Sergio Mella
     
    08 enero,2009

    Hoxe debatimos sobre  viabilidade de ter un dominio que identifique á comunidade lingüística e cultural galega e que a asociación Puntogal esta loitando por acadar, este dominio sería o .gal un dominio esponsorizado e que ser refire a usuarios da rede con estreitos vínculos que lles permiten definirse coma comunidade. Para saber máis e apoiar esta proposta entrade na web:

    http://www.puntogal.org

    Por outra banda, Vilariño deu a coñecer o servizo www.localizatodo.com que permite aos internautas coñecer que avións sobrevoan o espazo aéreo nacional, así coma que barcos se atopan fondeados nos nosos portos, sen dúbida moi interesante.


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Uxio Fernandez

    Por Uxio Fernandez
     
    18 diciembre,2008

    Neste programa presentamos diferentes alternativas á consola de turno para facerlle o agasallo de reis aos pequenos da casa.

    Presentamos Swinxs unha especie de consola ca que os nenos practican xogos tradicionais coma o escondite, a pillada etc, para máis información entrade aquí.

    Outra opción para as nenas é o Centro de Beleza Dixital, que se conecta a un televisor e co que a nena pode probar como lle quedarían diferentes estilos.

    Se queremos que se inicien na fotografía temos as diferentes cámaras dixitais para nenos, algunhas delas decoradas cos seus personaxes de debuxos favoritos, mesmo unha cámara espía.

    E por último os diferentes robots coma Spykee que conta con wiki, videovixilancia e unha chea de prestacións, Tekno o canciño que pode servir cando un cativo se encapricha dun can ou Lego Mindstorms que son diferentes dispositivos para adaptar nos xoguetes de lego e convertilos en robots contan con sensores de movemento, son, luz e que brindan infindas posibilidades de ampliación e complexidade de dos que se poden atopar moitos traballos en youtube.

    Agasallo

    Clasificado baixo: Podcasting
  • Antonio Rodríguez

    Por Antonio Rodríguez
     
    13 diciembre,2008

    Decimos futuro, aínda que xa casi é o presente. Estamos acostumados a ver dispositivos táctiles nos últimos móbiles (coma o iPhone) e outros dispositivos, pero as interfaces de usuario naturais, ou interfaces multitouch van moito máis alá, e de aquí a moi poucos anos vanse convertir nos dispositivos máis empregados na nosa vida coitá, desterrando o rato e o teclado, para interactuar con todo tipo de aparatos tocando só a pantalla.

    Falamos de multi touch, ou multi toque,  porque deixamos de ter un só punteiro a ter todolos que queiramos, empregando só os dedos, e incluso interactuar varias persoas o mesmo aparato ó tempo.

    Deixamovos un video do noso prototipo de estudio para que vos fagades unha idea do que suporá esta tecnoloxía nas nosas vidas.

    Nota: O noso prototipo non está rematado, falta o proxector que emitiría a imaxe sobre a propia mesa, pero podese ver no monitor como funciona.

    Para máis información técnica sobre esta tecnoloxía podedes visitar antoniorodriguez.es


    Clasificado baixo: DIY
  • Antonio Rodríguez

    Por Antonio Rodríguez
     
    11 diciembre,2008

    Achegase o Nadal e moita xente ten pensado regalar un ordenador os seus fillos. Hoxe damos algunhas recomendacións á hora de escoller o PC que máis convén para estos casos.


    Clasificado baixo: Podcasting