• Sergio Mella

    Por Sergio Mella
     
    04 diciembre,2008

    Nos os levedes a engano co título. Non imos falar de como saber o que están cavilando os teus amigos, senón dos útlimos avances no campo do aprendizaxe automatico (unha rama da intelixencia articicial) empregando resonancias magneticas nucleares. Isto é un método non invasivo co que se poden "ler" os patróns cerebrais dunha persoa cando está pensando nun obxeto determinado, e empregar esa información para controlar tarefas informáticas ou mecánicas sinxelas.


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Antonio Rodríguez

    Por Antonio Rodríguez
     
    27 noviembre,2008

    Antigamente (e aínda se poden atopar nalgunhas webs) empregábanse contadores para saber o número de visitas que tiña unha web. Isto era algo bastante hortera e pouco fiable.

    Hoxe en día empregamos diversos sistemas de estatísticas complexos, que rexistran datos coma de donde veñen as visitas, ou que palabras clave se empregaron para chegar ó sitio.

    Enlaces relacionados co programa de hoxe:

    Google Analytics Feedburner


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Antonio Rodríguez

    Por Antonio Rodríguez
     
    20 noviembre,2008

    No programa de hoxe falamos sobre o fenómeno das redes sociais, como Facebook. Descobre para que serven, e as precaucións que debes tomar se fas uso delas.


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Sergio Mella

    Por Sergio Mella
     
    19 noviembre,2008

    Para sacar unas boas fotografías non é necesario ter a mellor cámara do mercado, cunha compacta de polo menos 4 megapixeles (recomendado para revelar fotos a o tamaño habitual) pódense facer unhas fotos igual de boas se un segue estes consellos.

    Cando se trata de fotografiar persoas ou grupos de persoas a regla de ouro di que hai que tratar de evitar cortar articulacións, isto supon facer a foto de xeito que corte uns centímetros por ribao ou por abaixo dos xeonllos, cóbados ou pescozo. Tamén é recomendable achegarse aos suxeitos de interese tratando de evitar deixar espazos demasiado grandes entre a cabeza e a parte de arriba, ou aos lados, a non ser que queiramos que saia o de atrás (paisaxe, estatua etc)

    Encuadres

    Torcendo a cámara 90º podemos cambiar o formato da foto e axustar mellor o que queremos que saia nela.

    Nestes dous exemplos vemos a mesma foto con dous encuadres, un dende máis preto que sería o aconsellado.

    Bo encuadre Mal encuadre

    Cando saquemos fotos dende moi cerca hai que ter coidado de non pegar demasiado a cámara, por exemplo, a cara do suxeito xa que as cámaras compactas tenden a utilizar gran angular e isto provoca aberracións que son deformacións das caras co efecto "ollo de pez" provocadas polos lentes da cámara.

    Se as fotos son de paisaxes é aconsellable tratar de evitar fotos "postal" porque dese tipo de fotos xa temos unha chea delas en internet, se podemos introducir "suxeitos de interese" como algún coñecido que se vexa por aí polo fondo coma en segundo plano. Tamén se queremos fotografiar un amencer ou un solpor encadrar a imaxe dandolle máis importancia o ceo deixando o horizonte baixo ou ben se queremos fotografiar unhas montañas deixaremos o horizonte máis alto pero tratando de que saia sempre o horizonte na imaxe.

    Horizonte alto Horizonte bajo

    Ademáis disto tamén e bo tratar de sacar as fotos co sol ou fontes de luz nas costas ou ben nun lateral se queremos conseguir sombras e certos efectos isto non é estricto xa que tamén se poden sacar fotos en "contraluz" cas que podemos conseguir moi bos resultados.

    As cámaras compactas polo xeral teñen configurado o flash automático por defecto, se o desactivamos e facemos as fotos en ambientes pouco iluminados a cámara automaticamente amplía a velocidade de obturación polo que e moito máis difícil evitar que a fotografía saia movida, polo que cando se sacan as fotos sen o flash é bo usar un trípode ou be apoiar a cámara sobre una mesa.

    Sacando as fotos sen flash conseguimos que quede rexistrada a iluminación real que hai nese momento polo que se consiguen imaxes máis cálidas.

    Na seguinte foto vemos un exemplo disto, foi unha foto sacada sen flash, de noite cunha cámara compacta, de deixar o flash activado a foto non sairía, xa que o flash non teria a forza lumínica suficiente para iluminar todo o paisaxe ademáis a velocidade de obturacion sería tan baixa que non seria capaz de capturar a luz das farolas polo que quedaría unha foto escura.

    Puente Veccio

    E con isto rematamos, tamén falamos no podcast da profundidade de campo, cunha cámara compacta non temos un control tan directo sobre ela coma cas reflex pero indirectamente podemos xogar con ela utilizando o zoom da cámara se o tivera, ollo, evitando usar o zoom dixital, so zoom óptico, para conseguir fotografíar un suxeito e que os fondos quede desenfocados.


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Sergio Mella

    Por Sergio Mella
     
    13 noviembre,2008

    Hoxe damos algúns consellos a hora de escoller unha cámara dixital acorde as nosas necesidades, xa que moitas veces buscamos a máis boa ou a máis cara e non sempre é a idónea para o uso que lle daremos.


    Clasificado baixo: Podcasting