• Antonio Rodríguez

    Por Antonio Rodríguez
     
    09 octubre,2009

    Hoxe falamos sobre a seguridade nas redes inalámbricas. Mecanismos que empregan de cifrado (WEP, WPA,...) e consellos para ter comunicacións seguras tanto na rede da nosa casa, coma cando nos conectamos fóra dela.


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Antonio Rodríguez

    Por Antonio Rodríguez
     
    01 octubre,2009

    O 28 de Maio de 2009 o xigante Google presentaba, no Google I/O, o Google Wave, O 30 de Setembro de 2009, repartiu as primeiras 100.000 invitacións, ca finalidade de que se fose probando este innovador sistema de comunicación que funde red social, chat, e correo electrónico aproveitándo tamén as posibilidades de Google Maps e do tradutor en tempo real desenvolvido por Google do que voltaremos falar máis adiante.


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Sergio Mella

    Por Sergio Mella
     
    18 septiembre,2009

    Xa estamos de volta. Despois de un descanso estival Tecnívoros reabre as súas portas cun novo horario en Radio Lalín, agora estaremos tódolos venres ás 11:15 horas.

    Hoxe falamos dunha nova tecnoloxía que se esta introducindo nas nosas salas de cines, a proxección de películas en 3D.

    Ao principio as películas que se emitian como cine en tres dimensións baseaban a súa técnica na cor. O espectador levaba unhas gafas con cristais (realmente era unha especie de celofán) de diferente cor para cada ollo, normalmente azul e vermello. A película contaba con dúas imaxes superpostas con cores que serán vistos por un e outro ollo de cor oposta a do anteollo. O resultado é que cada ollo ve a imaxe que lle corresponde, e consíguese unha sensación de profundidade inda que non daba bos resultados cas cores.

    Actualmente, as gafas de carton e celofán cambiárones por outras que levan un filtro LCD que se sincroniza co sistema de proxección para tapar un ollo ou outro según corresponda. Proxéctanse dúas películas á vez, de feito utilízanse proxectores que son realmente proxectore dobres, estas películas proxectan fotogramas intercalados e corresponden únha a cada ollo, cando na pantalla se proxecta o fotograma correspondente ao ollo esquerdo as gafas tapan o dereito e viceversa.

    Isto realízase a unha frecuencia o suficientemente alta coma para que non sexamos capaces de captar os parpadeos e a sensación 3d e moito mellor que co sistema antigo.

    Actualmente, compañías fabricantes de televisores coma Sony ou Philips están a desenvolver sistemas de emisión 3d que non necesitan das gafas para conseguir a sensación de profundidade, a chegada desta tecnoloxia aos fogares permitirannos non só desfrutar de películas ou documentais 3d, tamén poderemos meternos dentro de videoxogos de última xeración.


    Clasificado baixo: Podcasting
  • Sergio Mella

    Por Sergio Mella
     
    03 julio,2009

    As últimas cámaras refles dixitais que están a saír ao mercado permítennos gravar vídeo en alta definición, anque que todavía con certas limitacións, isto permítiranos realizar vídeos a nivel case profesional cunha cámara de fotos.

    Aqui deixamos uns enlaces a algunhas das cámaras que nos dan esta posibilidade

    Canon EOS_500D:

    Grava a 1080 liñas pero tan so a 20 fotogramas por segundo polo que non o deberíamos considerar FullHD, polo que os resultados non serán óptimos sen embargo graba a 720  e 30 fotogramas por segundo. Unha opción moi interesante por uns 900 euros (con obxectivo). Ten un sensor de 15 megapíxeles

    Nikon D5000:

    Co seu sensor de 12 megapíxeles, esta cámara, alcanza unha resolución máxima de 1280 x 720 a 24 fotogramas por segundo, interesante a súa pantalla abatible que nos permite sacar imaxes dende ángulos máis complicados. Moi boa opción por uns 700 € (corpo sen obxectivo)


    Clasificado baixo: Podcasting